BASES DE PARTICIPACIÓN CON PROXECTOS

OBXECTIVO

Fomentar as vocacións científico-tecnolóxicas e as curiosidades pola ciencia na costa da Morte.

PARTICIPANTES

Poderán participar como expositores de proxectos para primaria, secundaria, bacharelato e FP calquera centro educativo, tendo prioridade os centros pertencentes á Costa da Morte.

A organización resérvase o dereito de tomar decisións non reflectidas nas bases, así como solucionar calquera tipo de conflito na interpretación destas.

INSCRICIÓN

A inscrición debe facerse efectiva a través do formulario.

Os participantes recibirán confirmación da selección do seu proxecto dez días antes da feira.

PRESENTACIÓN DOS TRABALLOS

Participarán expondo os seus proxectos ou experimentos durante a xornada do 18 de Maio durante a celebración de Festiciencia (horario de 10h a 14h e de 15:30h a 18:30 h). Limitándose a participación máxima en 40 proxectos en total.

EXPOSICIÓN, ESPAZOS E ACTIVIDADES

  • A cada proxecto asignaráselle un stand modular de 2 x 1 m cunha mesa e dúas cadeiras dentro da carpa habilitada para tal fin.
  • Os/as alumnos/as e titor/a serán os responsables da colocación do seu material no stand unha hora antes do comezo da feira.
  • Os/as alumnos/as e titor/a recibirán un picnic para xantar no tempo de descanso entre o horario de mañá e de tarde da feira.
  • A organización non se fai responsable dos bens empregados para os proxectos e a súa presentación, quedando en todo momento baixo a responsabilidade dos participantes e titores.

DECISIÓN DO XURADO

A decisión do xurado farase pública durante a entrega de premios de Festiciencia, 18 de maio de 2018 ás 19:00 horas.

CATEGORÍAS DE PREMIOS

Otorgaranse premios aos traballos máis destacados presentados  a Festiciencia.

Criterios de valoración: innovación e creatividade (25%), rigor metodolóxico (20%), autoría dos alumnos/as (25%), defensa oral (20%), presentación no stand (10%).

Todos os participantes como expositores de proxectos en Festiciencia recibirán un diploma que acreditará a súa participación no evento.

ACEPTACIÓN

A presentación de traballos supón a plena aceptación destas bases.