PARTICIPA CON PROXECTOS

Se queredes presentar o voso proxecto en Festicienca só tendes que facer un equipo do que formen parte ata catro alumnos/as e un/unha profesor/a e contarnos a vosa idea a través do formulario de inscrición de proxectos.

 

Se resulta seleccionada, disporedes dun stand en ‘Festiciencia’, onde poderedes dar a coñecer o voso proxecto e entrar en contacto con outras mentes curiosas.

Só tendes que seguir as instrucións detalladas nas bases e enviar a vosa idea ata o 7 de maio de 2018.

VISITA FESTICIENCIA

Requisitos 

Poderá visitar a Festiciencia calquera centro educativo de Galicia.

Solicitude da visita

Solicitarase a visita a través do correo electrónico:

festiciencia@festiciencia.gal

Prazos de solicitude

O prazo está aberto ata o 7 de maio de 2018.

Criterios de valoración

Con todos os colexios anotados dentro do prazo farase unha selección tendo prioridade os centros pertencentes á Costa da Morte.